Como chegar

En coche

O Pazo da Cultura de Pontevedra atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto desde Vigo como desde Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á estrada PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. Encontraredes entón o Pazo da Cultura.

En tren

O tren é o medio ideal para achegarse a Pontevedra desde cidades próximas como Vigo, pero tamén desde A Coruña, Santiago ou Vilagarcía. Podes consultar horarios e frecuencias en www.renfe.es ou chamar ao teléfono de información ao viaxeiro da compañía ferroviaria: 902 320 320 ou ao de venda por internet 902 109 420.

Na cidade

Pontevedra é unha cidade para camiñar, sen grandes costas e cunha ampla área urbana peonalizada. Tamén é un pracer percorrela en bici, pola súa orografía e pola promoción que se fai do seu uso neste concello http://www.pontevedra.eu/bici/. Pero entendemos que podes ter cansanzo, problemas de mobilidade ou simplemente dispor de pouco tempo. Nese caso debes saber que Pontevedra conta cunha rede de autobuses urbanos que opera a empresa Grupo As Rías www.grupoasrias.com e que as liñas 2 e 5 van deixarte preto do Pazo da Cultura. Se precisas un taxi podes chamar ao 986 868 585.

A cita con culturgal

A organización da Culturgal, cuxa celebración está prevista en 2020 do 27 ao 29 de novembro en Pontevedra, prepara a que será a décimo terceira edición dunha Feira que este ano debúxase como unha ferramenta necesaria para o sector cultural do país. Non será a Feira de sempre no escenario #COVID19, pero hai algo inmutable: Culturgal é un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade, en xeral. En caso de emerxencia, Cultura. Culturgal é “insignia cultural” de Galicia, de acordo ao ranking 2019 da Fundación Contemporánea. A Feira sitúase como o proxecto máis destacado no sector cultural galego no informe do Observatorio da Cultura de España.