Preguntas frecuentes (FAQs)

Que é Culturgal?

Culturgal é a Feira do sector cultural que se celebra anualmente e que en 2020 chega a súa decimo terceira edición do 27 ao 29 de novembro de 2020 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta sección iremos ofrecendo todas as respostas sobre horarios, accesos, servizos, entradas, etc, nas próximas semanas. A COVID19 obriga a tomar medidas especiais na Feira como acontece en todos os eventos.

Que vou a atopar?

Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta con programación durante os 3 días. Todo nun recinto feiral de 4.875 metros cadrados.

Quen organiza Culturgal?

A asociación Culturgal, na que están integradas as seguintes asociacións gremiais: Asociación Galega de Editores, Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías.

Onde e cando se celebra?

Culturgal 2020 celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda s/n) do 27 ao 29 de novembro. 

Como chego ao recinto de Culturgal?

Pazo da Cultura de Pontevedra
RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org
Ver: http://culturgal.com/informacion-util/como-chegar-a-culturgal/

Se utilizo transporte particular, a Feira dispón de prazas de aparcadoiro?

O Pazo da Cultura de Pontevedra conta cun amplo parking tanto na entrada principal como na parte superior de acceso ao Auditorio e cafetería do recinto, máis recomendable xa que a infraestrutura da Feira ocupa boa parte da explanada principal. Animamos, en todo caso e sempre que sexa posible, ao uso do transporte público nos desprazamentos á cidade durante Culturgal, sexa autobús ou tren.

É posible o acceso para persoas con mobilidade reducida?

O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor.

E visitar á Feira en lingua de signos?

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.
Visitas especiais concertadas para grupos, escolares, asociacións…

Existe algún correo electrónico da Feira para o público xeral?

Para calquera suxestión, consulta, queixa ou anotación que queiras facer, podes dirixirte ao correo electrónico info@culturgal.com. 

Cal é o prezo da entrada do Culturgal? Nenas e nenos pagan?

Culturgal é un proxecto colectivo onde o público contribue á sontibilidade coa súa entrada. A entrada xeral por día ten un prezo de 3 euros, entregarémosche unha pulseira e entrarás e sairás do recinto cando queiras durante ese día. Se queres acceder máis de 1 día, tes unha abono de 5 euros coa que poderás entrar e saír durante os 3 días. Nenas e nenos até 14 anos (incluídos) pagan 2 euros por día e 3 euros pola pulseira bono. Menores de 3 anos non pagan entrada.

Hai descontos para visitas de grupo?

Se es unha escola, asociación ou entidade sen ánimo de lucro contacta con nós e consúltanos. No correo electrónico info@culturgal.com. 

Onde podo consultar o programa completo de actividades?

Na web www.cultur.gal desde aproximadamente unha semana antes da Feira, aínda que irá facéndose público gradualmente desde outubro na mesma canle e nas redes sociais. A web da Feira actualízase constantemente polo que constitúe o soporte máis fiable para coñecer a programación de actividades. De calquera xeito, os visitantes de Culturgal terán ao seu dispor un programa impreso no acceso da Feira. Síguenos en facebook, instagram e twittter

Hai caixeiro automático no recinto feiral? Pódense pagar as compras con tarxeta?

Non hai ningún caixeiro automático dentro do recinto nin nos arredores do mesmo. Boa parte dos expositores contan con terminais tpv facilitando o pago con tarxeta, cuestión que desde a organización da Feira en 2020 queremos espallar a todos os stands con venda de produto.

Se perdo algún obxecto, a onde podo dirixirme?

Se perdes algún obxecto diríxete ao mostrador de información na entrada da Feira. O mesmo, se o atopas.

Podo tirar fotos ou gravar dentro da Feira?

Por suposto, sempre que respectes os dereitos das persoas fotografadas ou gravadas e o material non teña uso comercial ilícito ou indebido.

A cita con culturgal

A organización da Culturgal, cuxa celebración está prevista en 2020 do 27 ao 29 de novembro en Pontevedra, prepara a que será a décimo terceira edición dunha Feira que este ano debúxase como unha ferramenta necesaria para o sector cultural do país. Non será a Feira de sempre no escenario #COVID19, pero hai algo inmutable: Culturgal é un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade, en xeral. En caso de emerxencia, Cultura. Culturgal é “insignia cultural” de Galicia, de acordo ao ranking 2019 da Fundación Contemporánea. A Feira sitúase como o proxecto máis destacado no sector cultural galego no informe do Observatorio da Cultura de España.