Actividades con preinscrición

A preinscrición é de balde.

Ao finalizar o proceso recibirás por correo electrónico un código QR que será obrigatorio para entrar á actividade, polo que che recomendamos utilizar un correo electrónico ao que teñas fácil acceso, mesmo desde o teu teléfono.

Se o prefires, podes imprimir o QR que aparecerá ao finalizar a compra.

Venres 25 novembro

Coloquio. XUVENTUDE CREA. Xunta de Galicia

Coloquio coa mocidade gañadora do Xuventude Crea nas especialidades de Novela Curta, Poesía e Banda Deseñada. Espazo Profesional.

Sábado 26 novembro

Mesa redonda. AGAPI: Cara onde vai o audiovisual galego?

Participantes:CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización), AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), AGAG (Asociación Galega de Guionistas).Academia Galega do Audiovisual e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), como moderadora..Espazo Profesional. 11:00.

Mesa redonda. A importancia da tradución audiovisual para a normalización do galego. AGPTI

Coa participación, entre outras persoas de, Lucía Doval (AGPTI), tradutora da versión subtitulada d'O Señor dos Aneis: Os Aneis do Poder, e Magda Sánchez (AGPTI), tradutora da versión dobrada. Espazo Profesional. 12:10.

Boas prácticas. Manual de boas prácticas na xestión cultural das artes visuais. AGPXC

Con Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC, 7h Cooperativa, autoras do manual, e a Deputación da Coruña. Espazo Profesional. 11:30.

Faladoiro. Coidar de nós, para coidar da cultura. Cara uns modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural. AGPXC

No marco de Culturgal e xunto a profesionais de ámbito estatal, o punto de partida dun novo proxecto. O cal permitirá abordar unha reflexión colectiva e a identificación de prácticas inspiradoras, co obxectivo de mellorar as condicións de traballo no sector. Espazo Profesional. 13:00

Presentación."Por la residencia teatral". Asociación de Directores de Escena de España (ADE) coa colaboración da Fundación AISGE

Con Guillermo Heras, presidente de ADE, e Carlos Rodríguez, coordinador. Espazo Profesional. 14:00.

Presentación das actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego. Academia Galega de Teatro

Interviran: Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Eduardo Alonso, vicepresidente e membro da comisión organizadora do congreso e Francisco Oti, secretario da Academia Galega de Teatro,editor da publicación e coordinador dos editores da mesma. Espazo Profesional. 16:30.

Mesa redonda "Utilización dos edificios teatrais.”

Con  Guillermo Heras, Ánxeles Cuña e Carlos Lorenzo. Espazo Profesional. 17:00.

Presentación. Introdución ao Estatuto do Artista. Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)

Sara Mora é avogada licenciada pola Universidade Complutense de Madrid, especialista en artistas e letrada de ConArte, Confederación de sindicatos de intérpretes presente en sete comunidades autónomas na que se integra a AAAG. Espazo Profesional. 18:00.

Faladoiro. O Centro Dramático Galego como ferramenta de proxección exterior do noso teatro. Xunta de Galicia

nterveñen: Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia). Espazo Profesional. 19:00.

Presentación. Barómetros do Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega

Con Hakan Casares Berg. Barómetro. Espazo Profesional. 19:50

Foro. RESONANCIAS, foro profesional de instrumentos musicais no marco do festival MÚSICA NO CLAUSTRO

O festival de música, patrimonio e creación con sede no claustro medieval da Catedral de Tui dende o ano 2015, promove en paralelo aos seus concertos a convocatoria de RESONANCIAS, foro profesional deinstrumentos musicais coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Espazo Profesional. 20:30.

Domingo 27 novembro

Boas prácticas. Manual de boas prácticas na xestión cultural das artes visuais. AGPXC

Con Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC, 7h Cooperativa, autoras do manual, e a Deputación da Coruña. Espazo Profesional. 11:30.

Xornada. A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Coordina: Iria Vázquez

Unha xornada para afondar na función social da/o artista e o seu relevante papel no campo da educación. 12:00.

Presentación do Plan Integral para a Danza de Galicia. Xunta de Galicia

Con Jacobo Sutil, director da AxenciaGalega das Industrias Culturais (AGADIC)-Xunta de Galicia, Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza da AGADIC, Paula Quintas, de Escena Galega e Miguel Valverde, coordinador do Plan Integral para a Danza de Galicia. Espazo Profesional. 17:30.

Presentación da web/app Play.aRi[t]mar.gal. Xunta de Galicia

Con Valentín García, secretario de Política Lingüística. Espazo Profesional

Mesa redonda. Cultura científica: a esquecida na industria cultural?

Divulgación, Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica.