Servizos na Feira

O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor. Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.

Nas próximas semanas iremos informando de medidas e cambios na visita a Culturgal 2020, do 27 ao 29 de novembro, derivados da crise da COVID19.

 

A cita con culturgal

A organización da Culturgal, cuxa celebración está prevista en 2020 do 27 ao 29 de novembro en Pontevedra, prepara a que será a décimo terceira edición dunha Feira que este ano debúxase como unha ferramenta necesaria para o sector cultural do país. Non será a Feira de sempre no escenario #COVID19, pero hai algo inmutable: Culturgal é un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade, en xeral. En caso de emerxencia, Cultura. Culturgal é “insignia cultural” de Galicia, de acordo ao ranking 2019 da Fundación Contemporánea. A Feira sitúase como o proxecto máis destacado no sector cultural galego no informe do Observatorio da Cultura de España.